SES protagoniza esta terza feira no Museo do Pobo Galego unha nova cita de 'Temos unha peza'

A cantante realizará un coloquio co pretexto dunha obra ou peza do Museo. Será ás 19:00 horas.

SES

A cita vai ser no Museo do Pobo Galego ás 19:00 horas e a persoa María Xosé Silvar, SES, a cantautora que a base de paixón e afouteza pon a vibrar en galego diferentes xeracións. A presenza de SES enmárcase na proposta 'Temos unha peza' do Museo do Pobo. Convócase ao público a un coloquio cun persoeiro representativo do mundo da cultura e da sociedade galega, usando como pretexto unha obra ou peza dos propios fondos do museo.

O programa comezou o 24 de xaneiro con Suso de Toro; continuou co debuxante Pepe Carreiro, o 17 de febreiro; o 21 do mesmo mes, esta terza feira, é a quenda de Ses; en marzo será cousa da historiadora Encarna Otero. E logo continuarán o físico Jorge Mira; a xornalista Tareixa Navaza; a futbolista Vero Boquete; o actor Roberto Leal; o crego Rubén Aramburu; a política Lidia Senra; a zoqueira Elena Ferro e a artista Luz Darriba.

Comentarios