Snakeyes, a banda formada trala escisión de Sphinx que fixeran Justi Bala, José Pineda, Carlos Delgado e , remata de editar o seu primeiro LP “Ultimate Sin”, no que continúan no bo rumbo que xa amosaban no EP que editarán alá por o 2013. A banda practica un heavy metal clásico con unha clara influencia dos Judas Priest, que nalgúns puntos da escoita fan dubidar a que banda pertence o traballo que se está a escoitar. Chama moito a atención o poderío vocal do seu frontman, Cosmin Aioniţă , que é un dos grandes valores da banda. O disco está composto por 11 temas cantados en inglés acompañado de riffs poderosos e ritmos frenéticos que non dan tregua
O disco abre con “Demon in yor mind”, un canonazo que que fai subir a adrenalina e xa vai avisando que estamos comezando a escoitar un álbum de metal sen concesións. Un tema directo e rápido que da paso a “Denied”, cun ritmo pesado máis marcado dentro dun medio tempo, cun retrouso algo menos cantábel no que o baixo de Pineda parece que che vai rebentar o corazón. “Shadow Warriors” é o tema do metal máis clásico, cun ritmo veloz e imparábel e un Cosmin rachando cordas vogais e cun festival de agudos, igoal que “Black and White”, que segue por ese mesmo sendeiro, acompañado duns riffs simplemente deliciosos.
En “Blood of the dammed” o protagonismo recae na batería, que é a protagonista indiscutíbibel, dun tema que sen afastarse do estilo da banda, é un tema algo máis groove con ingredientes de metal alemán. “Rise of the triad”, que segue dentro da senda do power metal alemán, é un dos puntos álxidos do disco onde a banda aproveita para lucirse antes de chegar a “Time of Dismay”, que comeza cun riff moi Maiden e no que destaca un retrouso moi pegadizo cunhas variacións que evitan que o tema caia na monotonía.
Con “Ultimate sin”, volve ao disco a caña máis salvaxe, ademais de conter o mellor solo que Justi interpreta en todo o disco. “Snake Pit” volve de novo a baixar un pouco o tempo, e crea un tema machacón e repetitivo que para min é un dos temas máis frouxos do disco. Con “Down with the devil”, volven ao heavy máis melódico e máis máis power, lembrando moito aos Helloween da época de “Keeper of the seven keys”. E así chegamos a “Cross is a lie”, o tema de peche do disco baseado en cambios de ritmo e que chega a facerse pesado e insulso que ben podería ter ficado fora do álbum.
Listaxe de temas
- Demon in Your Mind
- Denied
- Shadow Warriors
- Black and White
- Blood of the Dammed
- Rise of the Triad
- Time of Dismay
- Ultimate Sin
- Snake Pit
- Down with the Devil
- Cross is a Lie
Snake Eyes nas redes:
Web: http://www.snakeyes-metal.com/
Facebook: www.facebook.com/snakeyesMetal
Twitter: @SnakeyesMetal