Todo un ano para o feminismo no Festi-Val de Brétemas

Como unha semana non é nada, a organización do Festi-Val de Brétemas dedicará todo o ano ao feminismo e á denuncia da violencia de xénero. Debates, exposicións ou música forman parte da súa proposta. 

.
photo_camera .

O Festi-Val de Brétemas desenvolverase por primeira edición ao longo de todo o ano e será o feminismo e a denuncia da violencia machista o elo que conduza toda a súa programación na que inclúen música, exposicións ou debates. “Sabemos da dificultade de gozar da música feita por mulleres, tamén sabemos que non é algo illado nin anecdótico. Por iso adicaremos todo o ano a identificar; para denunciar, os múltiples disfraces da violencia machista”, explican desde a organización. Para o seguinte ano anuncian outra temática social e cultural nesta nova metodoloxía da iniciativa nacida en Ponteareas de intervención cultural. 

O presentación da edición impresa da revista Pikara Magazine e o concerto de Andrea Momoitio desde Euskal Herria botará a andar un festival que reunirá en marzo, por volta da conmemoración das mulleres do día 8, unha mesa redonda na que deportistas, profesoras, labregas, artistas e activistas darán o seu punto de vista da situación do patriarcado no século XXI. 

Recuperación da ferraxería

En abril, no marco do festival, desenvolverase a recuperación da ferraxería Mariño, un espazo arquitectónico que ese abrirá en maio para acoller mostras de artes visuais, a primeira delas, a exposición colectiva  fotográfica de Pilar Abades, Sabela Iglesias, Silvia Mella e Xiana Arias. De maneira paralela, durante tres días, impartirase un obradoiro fotográfico desde a perspectiva de xénero. 

Palestina e Galiza serán protagonistas en maio, nas que as imaxes cedidas polo Festival de Cine Árabe Amal e a BDS reivindicarán o dereito a decidir dos pobos. 

Máis en CULTURA
Comentarios