Volven as vídeo-parodias dos Paramo Pictures, treme Enrique Iglesias!

'Préndeme o Boi' no canto de 'Duele el corazón'. Unha parodia do tema do cantante que xa rula pola rede e acumula 252.000 visitas en seis días. Vídeo no interior.

Paramo pictures
photo_camera Paramo pictures

A parodia do Wrecking Ball de Miley Cyrus, que lle chamaron Ferti mon e a parodia de Adrenalina á que lle puxeron Bertolina, arrasou nas redes sociais e foron verdadeiros hits nom mundo da parodia de temas famosos. O 'Paletilla', 'cachondeo' patrio a conta do famoso e polémico video 'De noche y día” de Enrique Iglesias rachou todas as marcas. Todos eles obra de Paramo Pictures, que agora volve, a por todas e sen mostras de arrepentimento cun novo vídeo-parodia, e a conta do vástago de Julio Iglesias.

'Préndeme o Boi' è, afirman os Paramo Pictures, unha parodia tutorial “para o noso amigo Enrique Iglesias na que damos ideas para o seu novo videoclip "Duele el Corazón". O que ven sendo un breinstormin, pero ben escrito”. En apenas seis días acumulan 252.000 visitas en Youtube. 

Máis en CULTURA
Comentarios