A historia dos Pistols escomeza a xerar cartos sendo a banda máis cara contratada, 40.000 libras pagara EMI, quen editou o primiro sinxelo “Anarchy in the Uk” e que os despediu pola polémica xerada por dicir verbas obscenas nun programa de televisión. Após diso, asinaron con A&M por 50.000 libras e editaron o single “God Save the Queen”, que chegou ao número 1 nas listas, pero seu nome nunca aparecería impreso polo que ese posto aparecía baleiro. De novo foron despedidos e indemnizados. E foi así como chegaro a asinar con Virgin, que sería a discográfica definitiva e a encargada de lanzar o seu terceiro sinxelo, “Pretty Vancant” e relanzar “God Save The Queen”.
“Never Mind The Bollocks, Here's The Sex Pistols”, foi edidado en 1977 tras varios meses de polémicas da banda. O disco foi censurado, obrigando a riscar a verba “bollocks”, da súa portada . Con todo, o disco chegou ao número 1 das listas de ventas e converteuse nun disco imprescindíbel dentro da historia do punk en particular e da música en xeral. Cancións como “Anarchy in the UK”, “God Save the Queen” ou “Pretty Vacant”, seguen soando a día de hoxe e son dos temas máis versionados.
A estética gráfica da súa portada, coas letras semellando recortadas de diversas publicacións emulando unha nota de secuestro, marcaron tendencia, do mesmos xeito que a portada do single “God Save The Queen”, no que aparecía a raíña de Inglaterra co nome da banda tapándolle os ollos deu lugar milleiros de versións que chegan até os nosos días.
Os Sex Pistols, foron, son e serán unha icona do punk, que aínda hoxe seguen a influír en moitos movementos culturais. Posibelmente de non ter desaparecido en 1978 a súa influencia non sería a mesma, mais certo é que os seus propios detractores crearon un mito atemporal que lembra que o punk non está morto.
Listaxe de temas
1. Holidays In The Sun |
2. Bodies |
3. No Feelings |
4. Liar |
5. God Save The Queen |
6. Problems |
7. Seventeen |
8. Anarchy In The UK |
9. Submission |
10. Pretty Vacant |
11. New York |
12. EMI (Unlimited Edition) |