En marzo de 1983 vía a luz o primerio traballos dos británicos The Toy Dolls. Gravado e mesturado en 3 días, esta pequena xoia do punk rock, é sen dúbida o mellor disco da banda. O disco amosaba perfectamente cal era a esencia Toy Dolls, un punk rock divertido e guitarreiro con claras influencias do rock clásico dos 50 actualizado. A peculiar voz de Olga e súa técnica coa guitarra baseada no “finguerpicking” converten a esta banda nun claro referente que a día de hoxe segue a contar con lexións de fans incondicionais.
Este disco incluía varios dos himnos clásicos da banda como o o propio “Dig Tha Groove”, “Dougy Giro”, que versionaran The Refrescos baxio o título de “Superman III”, “Glenda and the test tube baby”, a acelerada e gamberra versión do “Blue Suede Shoes” de Carl Perkins ou a mítica “Nellie The Elephant”, unha versión dunha canción infantil que se convertería no himno da banda. Un total de 13 temas, incluíndo “intro” e “outro” no que non sobra absolutamente nada e que a día de hoxe si ben a banda gañou en calidade nos seus traballos, ningún disco chegou a ser tan fresco e completo coma este. De feito, debido ao especial de “Nellie The Elephant”, fixeron unha regravación do tema, máis até o propio Olga decatouse que non foron capaces de mellorar a versión orixinal.
Listaxe de Temas
- ''Theme Tune"
- "Dig That Groove Baby"
- "Dougy Giro"
- "Spiders In The Dressing Room"
- "Glenda And The Test Tube Baby''
- "Up The Garden Path"
- "Nellie The Elephant''
- "Poor Davey"
- "Stay Mellow"
- "Queen Alexandra Road Is Where She Said She'd Be, But Was She There To Meet Me... No Chance"
- "Worse Things Happen At Sea"
- "Blue Suede Shoes''
- "Firey Jack"
- "Theme Tune"
The Toy Dolls na rede
Web: http://www.thetoydolls.com/
Facebook: https://www.facebook.com/TheToyDollsOfficial
Twitter: @TheToyDolls