Xermolos bota a andar a campaña “Letras Sempre”

Para que o entusiasmo que ergueu o Ano Díaz Castro non esmoreza, a Asociación Xermolos de Guitiriz bota a andar a campaña “Letras sempre: De Díaz Castro a Manuel María” que se prolongará até o mes de setembro do vindeiro ano. 

Arredor do poeta de Guitiriz, no que será o 25 aniversario do seu pasamentos, a Asociación Xermolos anuncia que non vai deter a súa conmemoración do autor de Nimbos, celebración que continuará co programa poético “Letras sempre: De Díaz Castro a Manuel María”.

“O proceso foi marabilloso en todos os sectores da poboación, a comarca sentiu intensamente a beleza dos versos do autor de Guitiriz, e houbo unha fervenza creativa en todo o país”, sinalan desde Xermolos da experiencia que fai que agora queiran prolongar o seu eco cunha nova programación poética.

Destacan que, á marxe da designación da Academia para o Día das Letras, cada comarca “debe celebrar sempre ás e os seus cantores” e, por iso, continúan en contacto con asociacións e centros de ensino para que a festa poética se prolongue ao ano vindeiro, cando se cumpran 25 do pasamento de Díaz Castro.  Entre outras liñas de actuación potenciará a Casa das Palabras -onde se conserva o legado do poeta- “para quen en todas as comarcas se faga outro tanto cos seus autores”. Sempre cunha aposta clara pola cultura de base. 

Máis en CULTURA
Comentarios