Trala prórroga do estado de alarma notificado o domingo 22 de marzo polo presidente do Goberno español, e ante a situación excepcional xerada pola crisis do coronavirus, a Federación Galega de Patinaxe (FGP) informa que todas as competicións, tecnificacións e probas de calquera modalidad deportiva dependentes desta Federación quedan suspendidas de forma indefinida até novo aviso, así como tamén os cursos de formación previstos nas próximas datas (técnicos I, II e III e xuíces).
A FGP comunica que se manterá en contacto permanente coas autoridades sanitarias e deportivas da Galiza, así como coa Federación Española de Patinaxe, e prestará puntual e inmediata información de canta decisión adopte no relativo a esta situación extraordinaria.
Patinaxe súmase, así pois, a outras disciplinas deportivas na Galiza que voron como a pandemia de Covid-19 alteraba o seu calendario competitivo e a súa programación. Atletismo, fútbol, baloncesto, entre outros, terán que agardar a que finalice o estado de alarma para recuperar a normalidade.