A fuxida de capitais do Estado español atinxiu os 180.000 millóns de euros en 2012

A saída neta de capitais en 2012, sen contar as operacións do Banco de España, foi de 179.221 millóns de euros, case dúas veces e media máis que no ano anterior
Feixe de billetes. (Foto: Nós Diario)

A mediados do ano pasado, o propio FMI alertaba de que no Estado español estaba a se dar unha fuga de capitais "a grande escala". O Fondo Monetario Internacional calculaba en 220.000 millóns de euros os que terían saído entre xullo de 2011 e de 2012.

Os datos que agora veñen de coñecerse indican que a saída neta de capitais en 2012, sen contar as operacións do Banco de España, foi de 179.221 millóns de euros, case dúas veces e media máis do que no ano anterior, cando fora de case 73.400 millóns de euros.

Segundo os datos da balanza de pagos que fixo públicos o Banco de España, as fuxidas de capitais producíronse de xaneiro a agosto, cun récord en marzo de 66.125 millóns de euros, mentres que desde setembro até decembro se rexistaron entradas netas mensais.

Alén disto, en decembro de 2012 entraron no Estado español 18.676 millóns de euros, fronte ás saídas de capital de 32.454 millóns.

Comentarios