Galiza conta cunha taxa de desemprego perto de cinco puntos superior ao 2012, se ben baixa en relación ao primeiro semestre do ano en curso. O número de persoas no paro fica en 277.100 no noso país (21,59%).
A Enquisa de Poboación Activa foi publicada esta quinta feira. Segundo os dados recollidos nela o número de desempregad@s no Estado español reduciuse a respeito do trimestre anteior situándose en 5,9 millóns de persoas (-1,2%). A taxa de desemprego sitúase, pois, no 25,98%.
Esta baixada, que supón a creación de 72.800 postos de traballo novos débese ao incremento dos contratos temporais e todos eles pertencían ao sector privado.
O número de contratos fixos reduciuse de maneira notábel con 146.300 menos a respeito do período de estudo anterior (-1,4%).