O FMI pide máis látego no estado español: contrato único, suba de IVE e copagamento sanitario

Parabeniza o goberno polas medidas adoptadas mais avoga por afondar en medidas como reducir a protección dos traballadores

Fondo Monetario Internacional FMI IMF

O Fondo monetario internacional (FMI) quer que o estado español faga máis “axustes” para poder así reducir a débeda pública. Propón a suba de taxas ambientais, o aumento do IVE e implantar o contrato único, unha proposta que levaba no seu programa electoral Ciudadanos. O FMI ratifica as previsións de medre para a economía española que en 2017 expandirase un 2,3% e no 2018 un 2,1%. Mais advirte dun escenario internacional (Brexit, febleza de medre das economías emerxes...) que poden condicionar esas perspectivas.

O Fondo propón a necesidade de simplificar o “menú” de contratos laborais ao tempo que se reduza de forma efectiva a fenda de protección aos distintos tipos de emprego. Porpón deste xeito introducir o contrato único de duración indefinida, cuxa indemnización por despedimento aumenta gradualmente ao longo do tempo e que podería coexistir con outros contratos que darían resposta a necesidades específicas e para sectores de elevada temporalidade, como o turismo. O FMI tamén aposta en simplificar as causas de despedimento.

Aposta, ademais, por priorizar as ,medidas de aumento da recadación, sinalando un aumento gradual do IVE.  No apartado de ‘racionalización’ do gasto, o FMI avoga por introducir copagamentos nos servizos públicos de saúde. 

Comentarios