Medio Rural rectifica e adecúa o período de control da PAC 2017 á realidade do campo galego

Fruga lamenta que a Consellaría non dese antes ese paso, tal e como lle pedían desde o sector desde hai uns anos.

rural
photo_camera rural

En maio de 2015 a Federación Rural Galega (Fruga) presentaba un contencioso administrativo contra a Consellaría de Medio Rural por considerar que aplicaba criterios restritivos e prexudiciais para as explotacións gandeiras galegas no que atinxía á regulación dos pagamentos directos da aplicación da PAC, a Política Agrícola Común. Agora, comezos de 2017, Medio Rural ven de rectificar e variar o período de control da PAC, adecuándose así á realidade das explotacións galegas, afirma Fruga.

Até o de agora, a normativa da Consellería obrigaba a que aquelas explotacións con máis de 10 hectáreas tiñan que ter máis de 2 cultivos implantados sobre o terreo. Sempre que ese terreo, no período de control, non estivese ocupado por cultivos pratenses (prados permanentes ou plurianuais). Ese período de control, fixado polo estado mais que podía ser axustado polas comunidades, abranguía de maio a xuño. Meses nos que a maioría das explotacións en Galiza teñen millo forraxeiro (que non é cultivo pratese). Iso obrigaba a poñer 2 cultivos, reducindo superficie para millo e xerando sobrecustos aos gandeiros (de entre 170 e 200 euros por hectárea segundo estudo do Centro de Investigación de Mabegondo).

Isto pasaba en Galiza mais non en Asturies, onde o seu goberno situou ese período de control entre xaneiro e abril, adecuándose á realidade do sector. Na Galiza non se fixo até agora, lamenta a Fruga, que sen embargo parabeniza a Consellaría por rectificar. 

Comentarios