O BNG apoia a frota de baixura amarrada en protesta polas cotas

Francisco Jorquera exixe que Xunta e goberno español "rectifiquen as súas políticas que condenan ao desmantelamento do sector".
Frota nun porto galego (Arquivo).
photo_camera Frota do porto de Celeiro

O Bloque Nacionalista Galego apoiou, a través do seu portavoz no Parlamento, as reivindicacións da frota de baixura galega. As embarcacións están amarradas nos portos de A Coruña, Muros, Ribeira e Celeiro como protesta polas cotas pesqueiras. Francisco Jorquera manifestou que a Xunta e o goberno central teñen que "rectificar as súas políticas nesta materia" ou pola contra Galiza vai cara ao "desmantelamento" deste sector básico.

Para o portavoz do grupo nacionalista, o reparto de cotas "non se xustifica por criterios de sustentabilidade das diferentes especies" e sinala que se realizou con intereses políticos e económicos que "prexudican gravemente ao noso país".

Jorquera afirma que o reparto de cotas "non se xustifica por criterios de sustentabilidade das diferentes especies"

Un sector prexudicado pola UE

A frota pesqueira galega nunca foi ben tratada pola UE. Segundo datos do propio sector perdéronse 831 embarcacións nos últimos anos, a maior parte delas (718) no sector de baixura ou artesanal, a que representa máis postos de traballo.

A razón desta situación ten moito a ver co desleixo das administracións galega e española diante do destino das axudas comunitarias que, nunha grande parte, teñen como destino o desmantelamento e non a recuperación da frota.

A frota de baixura ten varias reivindicacións urxentes. A primeira sería a unificación das augas galegas e a segunda, se cadra máis importante, que a redistribución de cotas teña en conta o sector.

Comentarios