Vaga de frío e a electricidade un 115% máis cara

Estamos no prezo máximo acadado desde decembro de 2013. Aliás, a bomba de butano subiu un 5%.

A vaga de frío esténdese por gran parte da Península ibérica, co lóxico aumento da demanda dos recursos necesarios para quentar vivendas e edificios. Neste primeiros 18 días do ano os prezos de electricidade son por volta dun 11%  máis caro que nos mesmos días do ano pasado, 2016. Andan nos 78,8 euros por  megawatio hora, marcando o máximo acadado desde decembro de 2013.

Os expertos apontan á caída da enerxía producida por renovábeis e alternativas que sufrimos (e das que a comezos de 2016 había exceso de produción). A escaseza de chuvias, a falla de vento... impide bos comportamentos nas enerxías producidas en base a estes elementos, e obriga a tirar da producida en base a gas e carbón. Aliás, e para completar a imaxe, hai que engadir o encarecemento do petróleo e o paro das nucleares francesas. E todo isto adobado co aumento da demanda.

A isto engádese que esta semana a bombona de butano tivo un incremento do 5%, situándose nos 12,89 euros. Acumula así o butano tres revisións bimestrais á alza e custa un 14,5% máis que o prezo fixado polo goberno en xullo de 2016.

Comentarios