Conde: "Yo venía de Galicia, era un ser bárbaro"

O candidato de 'Sociedad Civil y Democracia', partido con sede en Valladolid, renega do seu pasado nun vídeo sobre a súa vida enxalzando, pola contra, a influencia do seu paso por Alacant.
Mario Conde. Unha vida extrema
photo_camera Imaxe do documental 'Mario Conde. Una vida extrema'

Sociedad Civil y Democracia (SCD), o partido con sede en Valladolid fundado polo ex-banqueiro Marío Conde, recibiu desde a súa aparición a adhesión dun sector de militantes e ex-militantes do PPdeG. O banco de probas para unha posterior expansión estatal do ex-banqueiro está a sacar a luz numerosos documentos sobre Conde e as súas relacións con Galiza. 

Na súa presentación en Compostela do pasado 16 de setembro tentou botar man da súa orixe galega para reforzar a súa imaxe cara ás eleccións do 21-O. A realidade é ben diferente. No documental "Mario Conde. Unha vida extrema" de Carlos Moro, un audiovisual onde se tenta "limpar" a imaxe do ex-banqueiro despois do escándalo de Banesto, polo que estivo en prisión, comenta ao principio cal foi a súa relación con Galiza.

A "galeguidade" de Mario Conde
O empresario e candidato de SCD é moi claro sobre o seu sentimento de pertenza a un lugar. No minuto 3:00 do documental afirma con contundencia que "Como mi pubertad y todo se hace en Alicante pues al final Alicante tiene mucho más peso específico en mi vida, en la vida de recuerdo, en la cantidad de recuerdo. Hay un momento en que eres del sitio donde mas cosas recuerdas".

De Galiza a súa lembranza é negativa. "Yo venía de Galicia, era un ser bárbaro", afirma no minuto 4:36 a xeito de resume de como foi o seu contacto cos primeiros estudos en Alacant despois de marchar coa súa familia de Tui, onde naceu.

Comentarios