Comisións negociadoras de Compromiso e Anova mantiveron esta segunda unha nova xuntanza para tantearen as posibilidades de artellaren unha opción de cara ás eleccións do 21-O. Mais semella que esta vía está cada vez un pouco máis lonxe e que CxG concorrerá en solitario, entrementres Anova afonda nunha coalción con IU.
A dirección de Compromiso recoñece que "non hai avances substanciais" nin no que atinxe a un programa común nin no relativo á elección de candidaturas. CxG entende, entón, que o tempo para atopar un acordo está a se "esgotar". Esta formación considera que sen un programa "realista e transformador" e sen eleccións primarias, non hai credibilidade perante a cidadanía e, apuntan, sen programa e sen procedemento de escolla de referentes, unha coalción "sería unha fraude".
EU e Equo
Esquerda Unida vén de manter unha xuntaza con Equo e valorou positivamente a sintonía de cara a unha fronte electoral.