PachiVázquez.com

O PSdeG-PSOE presentou onte o sitio web de campaña, centrado na figura do candidato, Pachi Vázquez.
Laura Seara presentando a web de Pachi Vázquez
photo_camera Laura Seara presentando a web de Pachi Vázquez

O PSdeG presentou onte o sitio web do seu candidato á Presidencia da Xunta. A secretaria de Política institucional e participación d@s socialistas, Laura Seara, presentou o web www.pachivazquez.com como unha “ferramenta de participación para que @s galeg@s se convertan en mensaxeir@s do cambio”. 

Segundo explicou Seara, pretenden que o web, concibido como un “medio de interacción social” sirva de plataforma para a participación desde a que a cidadanía poida achegar propostas e ideas.

O web, centrado na figura do candidato socialista e con reminiscencias á campaña de corte presidencialista de Touriño en 2009, presenta un deseño e estrutura sinxelos e recolle diferentes tipos de contidos --vídeos, textos, mensaxes nas redes sociais--, aínda que polo momento escasos. Tamén hai espazo para algunha curiosidade, como a explicación de por que Manuel Vázquez é apodado “Pachi” ou unha selección de citas súas –nunha sección titulada “Palabra de Pachi--.

Comentarios