A Mariña apagouse para defender Alcoa

Durante 15 minutos, A Mariña apagou a luz para reclamar unha solución para a factoría. Ao tempo, máis de 2.500 persoas concentrábanse en Burela en apoio aos traballadores de Alcoa
concentración en Burela. Foto: El Progreso
photo_camera concentración en Burela. Foto: El Progreso

A Mariña volveu, máis unha vez, a amosar o seu compromiso coa continuidade de Alcoa, factoría que dá traballo directo a máis de 2.000 persoas. Durante 15 minutos, entre as 21:30 e 21:45, as luces de moitos fogares e locais desta comarca de Lugo apagáronse, nun xesto de apoio á Alcoa e á demanda dunha tarifa eléctrica acaída ás necesidades desta fábrica de San Cibrao.

Ao mesmo tempo, e na Praza do Concello de Burela, máis de 2.500 persoas concentrábanse cunha candea na man no medio da escuridade. Outro xesto de apoio a Alcoa.

Nas últimas semanas están a se intensificar as mobilizacións e medidas de presión para lograr esa 'tarifa competitiva'. Así, hai uns días case mil persoas se manifestaron na Mariña. 

A factoría de aluminio dá emprego directo a 2.000 persoas e xera unha terza parte do PIB da provincia de Lugo.

O BNG pediu a semana pasada unha reunión urxente da deputación permanente do Parlamento galego para tomar unha postura fixa sobre Alcoa.

Foto: Tirada do facebook de El progreso

Comentarios