María Osorio levaba presa desde decembro de 2011, cando foi detida en Lugo xunto co seu compañeiro Antom Santos polas Forzas de Seguridade do Estado nun operativo contra Resistencia Galega, --malia que a detida aseguraba non pertencer a devantida organización-- e polo que a ambos os dous lles foi aplicada a Lei Antiterrorista.
A veciña de Becerreá estaba actualmente na prisión asturiana de Villabona, após o seu paso por outras cadeas españolas. María Osorio non foi xulgada nestes catorce meses en prisión.
Osorio ficou en liberdade provisoria, sen fianza, mais mantendo os cargos que lle imputan
O seu compañeiro Antom Santos, detido canda ela, permanece preso sen xuizo na cadea española de Aranjuez, a 650 quilómetros de Galiza en aplicación da Lei Antiterrorista.