O BNG reivindica unha "Galiza sen peaxes" con protestas na Coruña, Pontevedra e Ferrol

Co lema “Galiza sen peaxes”, o BNG promoveu actos de protestas na Coruña, Pontevedra e Ferrol no que se abonaron cos céntimos as tarifas en sinal de protesta polos altos custes. A formación nacionalista reclama a conxelación das tarifas como primeiro paso de cara a súa gratuidade. 

.
photo_camera .

Os actos de protesta que se promoveron en distintos puntos da AP-9 reclamaron a paralización das subidas das peaxes como primeiro paso de cara a súa conversión en vías públicas, pasando a formar parte da rede viaria galega de carácter gratuíto. 

En distintos puntos da AP-9 en Pontevedra, A Coruña e tamén en Ferrol as persoas participantes pagaron en céntimos de euro os custes das peaxes recibindo maiormente o respaldo de usuari@s e mesmo das persoas encargadas de realizar os cobros. 

Denunciaron desde o BNG que o deseño centralista das infraestrutura leva a que se produzan discriminacións como a diferencia de pagamento nas distintas vías, sendo para ir de Ferrol a Vigo (17,65€) maior que `para chegar desde Ferrol a Madrid (16,20€). 

Xestión privada ate 2048 da AP-9

Desde o BNG fixeron fincapé tamén nas elevadas subas que as tarifas experimentaron desde 2003, pasando de 10,28 a 15,35 €, co beneplácito do  PP que ampliou por decreto a xestión privada por parte de Audasa até 2048 no goberno que presidía José María Aznar, malia estar xa a súa construción amplamente amortizada. 

Ademais de conxelar os prezos das peaxes, os actos de protesta promovidos demandaron o cumprimento dos compromisos das concesionarias en relación á calidade do servizo.  Entre os elementos que destacan na merma da calidade do servizo atópase a redución de numero de persoas encargadas do cobro nas peaxes, a insuficiente iluminación e o deficiente asfaltado. 

Comentarios