Unha de cada catro persoas que emigra fóra do Estado español é galega

Se os dados do INE evidencian que a Galiza é o territorio con máis poboación fóra do País, cómpre ter en conta que nesa porcentaxe non están incluíd@s @s galeg@s que emigran a outros territorios do Estado. 

estacionmocidade_dentro
photo_camera CC SA-NC-BY Sermos Galiza

"Despedida de emigrantes" é o nome que Manuel Ferrol puxo a unha coñecida fotografía súa tirada o 27 de novembro de 1957 en que un pai e un fillo, os fisterráns Xan e Xurxo Calo, choran no porto da Coruña ante a inminente saída do buque Juan de Garay.  

A imaxe ten case 60 anos mais está de plena actualidade. Os últimos dados que falan da emigración na Galiza sinalan que unha de cada catro persoas que marcha fóra do Estado español para se procurar o pan é galega.

A cifra é do INE e coloca a Galiza coma a comunidade que maior poboación ten residindo no estranxeiro e con moita diferenza. Se xa enunciada desta maneira resulta alarmante, cómpre tomar en consideración que non se está a incluír a porcentaxe de galeg@s que emigran a outros territorios dentro do Estado español.   

Así as cousas, até 479.558 galeg@s viven fóra do Estado español e del@s 101.641 fano en países de Europa e máis de 160.000 moran na Arxentina, segundo as cifras do Padrón de españoles residentes en el extranjero. 

Comentarios