Dentro da campaña contra as reformas das pensións, a CIG convoca hoxe xoves día 14 de novembro manifestacións en todas as comarcas. Para a central nacionalista a reforma “non está xustificada porque nin no informe dos expertos -9 dos 12 vinculados á banca e ás compañías aseguradoras- se di que o sistema non sexa sostíbel”.
Segundo a central sindicalas pensións representan só o 10% do PIB, mentres, por exemplo, en Italia representan o 16%; en Francia o 14,6%; en Alemaña o 12,8% e na media da UE é do 13%. Ante isto, a central sindical conclúe que o Estado podería dedicar 60.000 millóns máis ao ano para igualarse con estes países. A central nacionalista denuncia tamén que o 70% de pensionistas en Galiza cobra menos de 1.000 euros mensuais e en non poucos fogares son estes os únicos ingresos que entran.
As horas e lugar de saída das manifestacións son:
Ourense: Ás 20:00 horas do pavillón dos Remedios.
Pontevedra: Ás 20:00 horas da Praza da Ferrería
Vilagarcía: 20:00 horas da Casa do Mar
Vigo: Ás 20:00 h da Vía Norte
Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa
Lugo: 20:00 h da Ronda da Muralla
Ferrol: 19:30 horas con saída do local do sindicato. Avda. de Esteiro
A Coruña: 20:00h praza de Vigo
Ribeira: ás 19:00 horas da Praza do Concello