Denuncian ademais que obrigan a desprazarse aos pacientes e que, nos hospitais privados -citan de maneira especial o Polusa- as citas derivadas da sanidade pública son as últimas en seren atendidas o que supón agardar longas esperas. Poñen como exemplo a realización dun electromiograma polo que un doente tivo que agardar tres horas cunha consulta solicitada a fins de maio e mentres vía como lle pasaban por diante persoas de clínicas privadas. Para a Plataforma, trátase dun exemplo máis da xestión coa que o PP beneficia a sanidade pública, o que, ao seu ver, “non é de estrañar tendo en conta o orixe da Conselleira de Sanidade e o lugar a onde vai volver cando deixe na ruína o sistema sanitario público galego”
Plataforma na Defensa da Sanidade Pública fai tamén un chamamento á participación nas mobilizacións que se desenvolverán o martes día 10 ao longo do país, e, concretamente na Mariña na localidade de Burela.
SOS Sanidade Pública coa folga
A Plataforma Galega SOS Sanidade Pública apoia a convocatoria de folga xeral para os días 9 e 10 xa que, segundo denuncian, “estamos nun momento no que o goberno galego, tamén o estatal, están superando liñas vermellas nunha estratexia premeditada de degradar a sanidade pública para beneficiar a sanidade privada”.
“A Xunta de Galiza está desmantelando e privatizando os servizos sanitarios públicos, repartindo as parcelas máis atractivas economicamente entre grupos empresariais afíns, aseguradoras, multinacionais, fondos de investimento, bancos e construtoras”, denuncian ao tempo que critican a lei de garantías sanitarias por supor un claro beneficio para a sanidade privada.