A Marcha da Dignidade do 22M a Madrid xa completou dous comboios

Múltiples colectivos e entidades apoian a Marcha da Dignidade que o 22 deste mes partirá de Galiza rumbo a Madrid para, en solidariedade con mobilizacións outros puntos do Estado, reclamar a fin das políticas contra a maioría social.

Hai unha realidade diaria que en Galiza pode se describir con palabras coma despexos, desemprego, recortes, miseria ou emigración. Unha realidade contra a que reclama o seu dereito a darlle un golpe, a derrocala, a derrotala, a batela, unha plataforma de sindicatos, entidades, colectivos... aue este 22 de marzo tomarán Madrid como 'Marchas da Dignidade'. Quer ser, din @s promotor@s, unha mobilización "unitaria, masiva e contundente" contra unhas políticas que atentan "contra a xustiza social".

)

“Os dous trens contratados para acudir á Manifestación das Marchas da Dignidade do vindeiro 22 de marzo en Madrid xa teñen todas as prazas ocupadas”, informan os organizadores da marcha galega, unha das que parte da periferia do Estado (tamén as hai de Catalunya, Euskal Herria, Andalucía...). “As peticións superaron todas as previsións e lamentablemente houbo quen non puido contratar a tempo a súa praza. En todo caso, este dato amosa a grande repercusión que están a ter no noso País as Marchas da Dignidade, malia o case total bloqueo informativo imposto desde os medios do sistema, e proba ademais a súa necesidade: o cambio social que ferve nas rúas quere abrollar tamén no corazón do estado español que ese día vivirá unha xornada de verdadeiro pulo revolucionario”.

Espallar, concienciar, difundir

Durante estas semanas estanse a desenvolver ao longo do País palestras, concertos, coloquios, asembleas... para espallar as razóns desta marcha e animar á cidadanía a se sumar a elas. Convidan a se “Mobilizar, construír, actuar, pensar”. 

Foto portada: CUT Galiza

Comentarios