Primeiro, a través a súa muller, abriu unha conta en Portugal tan só seis días despois de que se admitise a trámite a denuncia contra o que fora presidente de Pescanova. Despois, trataron de transferir a un banco de China, a través da conta lusa, máis de catro millóns de euros. A operación foi abortada ao seren detectados pola Unidade de Inteligéncia Financeira de Portugal que bloqueou a transferencia
A conta portuguesa estaba aberta a nome da sociedade Quinta do Sobreiro S.L. da que Fernández de Sousa é administrador único, á que se transferiron os cartos provintes da sociedade Kiwi España S.A. Desde aí, deuse orde á transferencia para seren abonados nunha conta nun banco de China do que era titular Rosario Andrade, a muller de Fernández de Sousa. As autoridades portuguesas notificaron o movemento e bloquearon o traspase de cartos ao banco chinés