O ministro francés de Consumo, Benoît Hamon, informou que os pratos preparados retirados da venda por conter indebidamente carne de cabalo non se desbotarán. Seránentregados a asociaciones caritativas e de beneficiencia para que poidan repartilos.
"Agora corresponde as asociacións decidir se aceptan estas donacións",manifestou, engadindo que para conservar e repartir eses pratos fan falla camións frigoríficos e tamén se xeran uns sobrecustos. Nembargantes, apuntou, e en todo caso, deberase informar aos pobres que oque se lles entregaten carne de cabalo.
O escándalo pola fraude da carne de cabalo tivo un novo episodio en Francia esta semana, cando unha nova empresa recoñeceu ter empregado esa carne nos seus pratos sen comunicalo.