#mareaazul unifórmase na defensa dos servizos públicos da Xunta

Para defender os servizos públicos galegos, a #mareaazul busca aglutinar a traballadores e traballadoras da Xunta. Unha camisola azul tinguirá as súas concentracións. 

Camisola Marea Azul
photo_camera Camisola Marea Azul

#mareaazul presenta a súa camisola e será da cor do mar, así como a branca foi a cor empregada na sanidade pública e a verde na defensa do ensino público. Será a cor coa que se pintarán as concentracións de traballadores e traballadoras da Xunta que a cada pouco xúntanse na explanada da cafetería de San Caetano, os edificios centrais da Xunta, para mostrar o seu rexeitamento á privatización e recorte de servizos. “A Xunta xa recoñeceu que onde se ía crecer un 0,8% vaise crecer un 1,2%, pero continúa co gasto público conxelado e cos recortes prorrogados”, sinalan e anuncian xa próximas mobilizacións, coa nova indumentaria da cor da maré. 

Membros da xunta de Persoal e do Comité de Empresa dos Servizos Centrais, que representan a preto de 4.000 traballadores e traballadoras comezarán esta sexta feira a repartir as camisolas que será o uniforme oficial das súas concentracións. Será ás 11 da mañá na entrada do edificio da Área de Benestar da Xunta de Galiza

Mañá, 9 de maio,  venres, ás 11:00 h, na entrada do edificio da Área de Benestar da Xunta de Galiza, en San Caetano os membros da Xunta de Persoal e o Comité de Empresa dos Servizos Centrais da Xunta, que representan a preto de 4.000 traballadores e traballadoras públicas, comezarán a distribuír masivamente as camisetas.

Comentarios