É Galiza realmente ese país subsidiario que precisa da 'solidariedade' e 'xenerosidade' do Estado español para saír adiante? Intentamos responder a esta pregunta sen caer en preconceptos e falando con economistas. O resultado, que este pequeno país achega moito máis do que recebe.
Botamos un ollo á intensa pre-campaña das europeas, coa estratexia do PP de apostar por un perfil baixo; e debullamos como fica a portavoz do PPdeG, Paula Prado, após o desvelado no sumario da Pokemon.
Percorremos os hospitais privatizados polo goberno popular, falamos da ILP polo emprego da CIG e asmáis de 32.000 sinaturas de apoio acadadas, e achegámonos a Rianxo, onde o Concello pretende facer do edificio dos mestres vivendas sociais para a veciñanza.
Entrevistas
Entrevistamos a Manuel Mera, case medio século de militancia política ás costas, o escritor Alberte Momán e a Jordi Calvo, economista catalán que indaga nas relacións entre a banca e a industria armamentística.
En Internacional analizamos como Obama xoga o xadrez imperial en Ucraína, e en Tecnoloxía saltamos das emoticonas os emojis. En Viaxes na Miña Terra imos até O Vixiador, en Candeán (Vigo) e tamén descubrimos o local de ensaio de Pontevedra e as ducias de grupos que o usan. E quixemos saber como se atopa Ourense 'cortocircuitado culturalmente' após o peche da Livraría Torga.