O PP está fendido na corporación -cun grupo de concelleiros situado arredor da nova portavoz do partido, Paula Prado, claramente enfrentada a Curras- e a situación política do alcalde semella imposíbel de manter, embora Feijóo aínda non lle teña demandado formalmente a demisión.
A xuíza López Suevos imputou tamén o concelleiro de Seguranza Cidadá Albino Vázquez.
Feijóo afirmou na clausura do congreso do PP galego que o Partido Popular é o "máis honesto" do Estado español.
A orixe da denuncia que dá lugar a esta imputacion son as presións que tería recibido un funcionario da policía local de Santiago de Compostela para facer desaparecer o atestado policial formulado contra Ángel Espada -número 3 da candidatura do PP- por ir durmido e bébedo ao volante do seu vehículo.