Criticados nos debates previos parlamentarios por antisociais, polo seu recorte nos dereitos e servizos públicos e por non sentar as bases para a creación de emprego, as contas da Xunta inician hoxe o seu último trámite no Parlamaento nun pleno que rematará coa súa aprobación cos votos en solitario da maioría absoluta do PP. Milleiros de persoas manifestáronse o pasado xoves en distintas cidades galegas convocadas pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos que calificaron os orzamentos como os máis destructivos de dereitos e servizos dos aprobados até o momento mais a esas voces críticas vén de se sumar o presidente dos empresarios galegos, Antonio Fontenla que, en entrevista coa cadea Ser, afirmou que as medidas promovidas polo PP e, de maneira especial, os orzamentos para o presente ano, non están a contribuir á creación de emprego.
As forza da as oposición, PsdeG—PSOE, AGE e BNG coincidiron á hora de criticar que as contas do goberno da Xunta non están encamiñadas á loita co desemprego e que se desbotaran algunhas das medidas presentadas como a maior carga fiscal a quen máis ten. Os fortes recortes en políticas sociais e servizos públicos son tamén algunhas das razóns que levarán á oposición a non dar o seu voto positivo a unhas contas que comezan hoxe a súa tramitación final no Parlamento. O PP deféndese dicindo que son estes os orzamentos que menos decrecen de todas as comunidades autónomas.
A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos denunciou que estes orzamentos son o “toque de graza” para a destrución de servizos como sanidade e educación e afondan no proceso de privatización. . Só en ensino, os orzamentos disminúen un 30% con respecto ao 2009, e un 6,6€ en relación co ano anteior.