Peaxes: un negocio sen freo a conta do peto de tod@s

Unhas tarifas que non deixan de subir a pesar da crise e os grandes beneficios das concesionarias e a demanda de recuperación da titularidade pública da AP-9 continúan a provocar actos reivindicativos e iniciativas parlamentares contra o negocio “desmedido” das autoestradas galegas.

peaxe

Para alén das polémicas que provocou no seu día a construción da Autoestrada Norte-Sur, desde que se abriron os primeiros tramos hai 35 anos o sistema de autoestradas galegas nunca puido afastarse da liorta social e política. Especialmente, desde que a principal, a AP-9, que discorre polo chamado eixo atlántico, foi privatizada en 2003 polo goberno de Aznar e Rajoy en Madrid, co aplauso do de Fraga en Galiza. Ficou así Audasa -a empresa que a xestiona- en mans de Sacyr, unha das construtoras que aparece entre os presuntos doantes do PP, que despois lla vendeu a Citibank, unha filial dos xigantes das finanzas globalizadas.

A maiores, os gobernos decidiron daquela -no que era o miolo da operación- ampliar a concesión 25 anos máis -até 2048- a cambio dunha cantidade insuficiente en vista da previsión de ingresos e da suposta gratuidade de pequenos treitos, que logo non é tal, xa que tamén se paga con cartos de tod@s. As empresas concesionarias das autoestradas galegas nunca van perder diñeiro. Teñen o aval dos goberno, facendo bo o axioma neoliberal de “beneficios privados, perdas públicas”.

Toda a información, de Rodri Suárez, no número 92 do Sermos Galiza

Comentarios