Pesar polo falecemento de 'Paio', un dos impulsores do sindicalismo nacionalista

Xosé L. Martín Freire era actualmente membro do Consello Confederal da CIG. Desde mozo estivo implicado na loita obreira e participou na constitución do Sindicato Obreiro da Construción.

paioweb.grande

Era coñecido por todos como 'Paio' e 'Paiosaco' mais o seu verdadeiro nome era Xosé Luis Martín Freire. Desde moi novo implicouse no compromiso de construír unha ferramenta nacional e de clase co movemento obreiro galego. Nesta loita, tomou parte na constitución do Sindicato Obreiro da Construción, formou parte destacada da CTG, e posteriormente da INTG e da CXTG, organizacións que converxerían na actual CIG.

Foi o primeiro Secretario Comarcal da CIG da Coruña, destacado membro da Executiva Nacional da Federación de Servizos, e na actualidade era membro do Consello Confederal da CIG. A central nacionalista destaca a labor “deste incansábel loitador que contribuíu, dedicando boa parte da súa vida, a fortalecer e consolidar o sindicalismo nacionalista de clase”.

Comentarios