José Blanco, ex-ministro de Fomento e deputado, estaba imputado por un delito de tráfico de influencias no denominado caso Campeón.
Segundo o tribunal no proceso aberto contra Blanco non se atoparon indicios de que o ex-ministo socialista empregase a súa condición de responsábel político para condicionar a vontade de ningunha administración. Cuestión que motivou o arquivo da causa.
O xuíz instrutor solicitara á Sala Penal do Supremo o pasado mes de xuño que fora tramitado o suplicatorio preciso para xulgar ao parlamentar, habida conta da súa condición de aforado.