Un tornado deixa cando menos 91 persoas mortas en Oklahoma

91 persoas mortas e case cento e medio de feridas é o balance provisorio do grande tornado que azoutou Oklahoma, nos EEUU. 

O tornado provocou cando menos 91 persoas mortas mais as autoridades de Oklahoma non descartan que a cifra poida aumentar. Delas, vinte son menores xa que unha escola local sufriu o centro do fenómeno que feriu tamén a 145 persoas, case a metade tamén menores. 

Os danos en casas e outras instalacións son tamén inmensos, xa que asolou vivendas e fixo voar automóbiles. O tornado durou 40 minutos e afectou toda a zona, entre outros edificios, dúas escolas e un hospital. Experimentáronse ventos de até 320 quilómetros por hora. O inmenso tornado fora precedido na noite do domingo por outros de menores dimensións que provocaron dous mortos.