A Xunta detrae 200.000 euros anuais do orzamento en I+D+i para 3 postos de altos cargos

A CIG denuncia que mentres 1.200 investigadores tiveron que emigrar de Galiza nestes dous anos, se adiquen cartos da partidfa de I+D+i a crear tres postos de director pola ''necesidade de colocar'' a ex-persoal ''próximo ao PP''.

laboratorio
photo_camera laboratorio

Nestes dous anos Galiza perdeu 1.240 investigador@s. Os continuos recortes polo goberno galego en I+D+i (Investigación, Desenvolvemento e innovación) fan que no noso país só se invista nese campo o 0,8% do PIB, mentres que no Estado é o 1,3 % e na UE a media é de 2,2 por cento. E por riba dos recortes no orzamento, o uso que se lle dá ao que queda.

Iso é o que vén de denunciar CIG-administración, que afirma qye a Xubnta detrae por volta de 200.000 euros anuais do orzamento do I+D+i para crear 2 novos postos de alto cargo e converter 1 posto de funcionario en directivo adicional.

Opacidade no financiamento

“A consellaría de Economía e Industria puxo enriba da mesa unha proposta de modificación da relación de postos de traballo (RPT) da Axencia Galega de Innovación (GAIN) na que propón a creación de 2 novos postos de persoal directivo (Director/a da Área de Servizos e Director/a da Área de Centros) e a conversión dun posto de persoal funcionario noutro posto de directivo adicional (Director/a da Área de Programas)”. O sindicato nacionalista afirma que “con estes dous novos postos de persoal directivo, a Xunta vai detraer do orzamento dedicado ao I+D+I ao redor de 200.000 euros anuais”. A isto engaden que “a opacidade do financiamento deste gasto é total e absoluta xa que a consellaría se nega a facilitarnos a memoria económica”.

Dende a CIG din ter “sospeitas fundadas” de que a creación destes dous novos postos de persoal directivo é froito da “necesidade” de colocar “a parte do ex-persoal directivo próximo ao Partido Popular que provén da extinta Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, un dos cales xa traballou no pasado no Gabinete de Industria do goberno Fraga”.

Comentarios