A Xunta investirá 1.400.000 euros nunha campaña publicitaria de “Galicia Calidade”

Un total de 1.157.024 euros, máis 242.975, 21 en concepto de IVE, é o importe do contrato que a Xunta convoca para o desenvolvemento dunha campaña publicitaria da Consellería de Economía e Industria. 

San Caetano, Xunta da Galiza
photo_camera San Caetano, Xunta da Galiza

 

A consellería de Industria fixo público na páxina de contratos da Xunta de Galiza a convocatoria para o desenvolvemento da campaña publicitaria “A economía de Galicia como principal impulsora do desenvolvemento e o emprego dunha terra recoñecida como “Galicia Calidade” en tres eixes: internacionalización, investimentno e emprendimento”. A campaña sae por un importe de 1.157.024,79 euros ao que compre engadir 242.975, 21 E en concepto de IVE 

O contrato inclúe a creatividade, deseño, produción de materiais e inserción de publicidade en diversos medios e soportes e a mensaxe será “sensibilizar á poboación sobre os valores de Galicia como unha terra solvente para o desenvolvemento de proxectos e investimentos que a levarán cara ao crecemento e a xeración de emprego”. 


O BNG solicitou xa mediante unha inicitiva parlamentar presentada pola súa deputada Carme Adán a retirada inmediata da campaña por “ser un sin sentido e fóra de toda lóxica deixar caer o sector industrial galego ao tempo que se fai autobombo para conseguir publirreportaxes nos xornais”.

Comentarios