Unha explosión na Universidade Nova de Lisboa causa a morte dun traballador de 25 anos

O suceso ocorreu nunha empresa aeroespacial chamada Omnidea, situada no campus universitario, aínda que independente da facultade de Ciencias e Tecnoloxía.
Equipo de emerxencias do Serviço Nacional de Saúde portugués (Foto: SNS).
photo_camera Equipo de emerxencias do Serviço Nacional de Saúde portugués (Foto: SNS).

Unha explosión no parque tecnolóxico da Facultade de Ciencia e Tecnoloxía da Universidade Nova de Lisboa, en Caparica (Almada, distrito de Setúbal), causou a morte dun mozo de 25 anos, segundo informaron os servizos de emerxencias lusos.

O Serviço Nacional de Saúde sinalou que a explosión tivo lugar arredor das 12.45 horas (hora local). A raíz da mesma, dúas persoas máis resultaron feridas, unha delas grave. 

Varios medios de comunicación portugueses afirman que a explosión produciuse nun contedor que realiza probas de presión de material aeroespacial da empresa Omnidea, situada no campus universitario, aínda que independente da facultade de Ciencias e Tecnoloxía. Porén, esta información non foi confirmada polas autoridades.

"Fomos informados de que quatro funcionários [da Omnidea] estiveram envolvidos neste incidente. Lamentavelmente, um deles faleceu", afirmou José Paulo Santos, director do consello científico da facultade, en declaracións aos medios. "Tanto quanto sabemos, não houve nenhum estudante envolvido neste acidente", acrecentou.

Comentarios