Puigdemont afirma que a súa detención “en poucos días” debe entenderse como un xesto de confrontación co réxime

Di que non negociará nada a cambio da súa saída nin tomará ningunha decisión que comporte “renunciar á loita”.

O ex president catalán Carles Puigdemont a segunda feira. (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press)
photo_camera O ex president catalán Carles Puigdemont a segunda feira. (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press)

Carles Puigdemont considera que o acordo alcanzado por ERC e o PSC para investir Salvador Illa como presidente de Catalunya fai que a súa detención sexa unha posibilidade real dentro de poucos días. Nun comunicado, Puigdemont di que a súa detención deberá “entenderse en chave de confrontación contra un réxime demofóbico e non de lamento ou de vitimismo”.

O ex presidente de Catalunya auncia que, se finalmente o deteñen, non negociará nada a cambio da súa saída nin tomará ningunha decisión que comporten “renunciar á loita”.

Temos moito traballo pendente, e somos moitos os que dicimos que hai que continuar e terminar. Que ningunha prisión nin ameaza nos volva dividir e paralizar, nin descarriar o sentido da nosa loita: non é contra a represión que traballamos pola independencia, senón que é traballando pola independencia que confrontaremos e conxuraremos a represión”, comenta.

Puigdemont di que o Goberno que encabezará Salvador Illa, se finalmente se converte en president, será “alérxico” en plena normalización da lingua catalá.

Non terá unha capacidade de negociación real co Goberno español para resolver un conflito histórico, que non é entre cataláns, senón entre Catalunya e España. E porque creo que antes de dar os votos para un Goberno do PSC en Catalunya era necesario explorar alternativas, incluída a repetición electoral en novas condicións”, di Puidemont.

No comunicado, explica que a súa detención foi o “soño frustrado” dos “perseguidores” españois durante sete anos.

Para facelo terán que violar moitas cousas. Non só a lei de amnistía, é embarcarse nunha detención ilegal e desobedecer as decisións internacionais que adoptaron o Grupo de Traballo de Detencións Arbitrarias e o Comité de Dereitos Humanos de Nacións Unidas no caso dos presos políticos cataláns. Sei que todo isto nin os quenta nin os arrefría, fódense igual”, comenta.

Comentarios