A Xustiza de Tailandia ilegaliza o principal partido da oposición, que gañou os comicios de 2023

Inhabilitada a dirección durante unha década.
Pita Limjaroenrat a cuarta feira no Tribunal Constitucional tailandés. (Foto: Seksan Rochanametakul / SOPA Image / DPA vía Europa Press)
photo_camera Pita Limjaroenrat a cuarta feira no Tribunal Constitucional tailandés. (Foto: Seksan Rochanametakul / SOPA Image / DPA vía Europa Press)

O Tribunal Constitucional de Tailandia ordenou a cuarta feira nunha sentenza por unanimidade disolver o progresista Avanzar, ilegalizando a formación que obtivo a primeira praza con case 40% dos sufraxios nas eleccións de 2023 á Camara Baixa. O Senado, designado a dedo polos militares, impediu que o seu líder, Pita Limjaroenrat, fose designado primeiro ministro do país, forzando que finalmente un conservador, Srettha Thavisin, do Partido por Tailandia, acabara sendo o escollido para liderar o Executivo.

O veredicto está motivado pola proposta de Avanzar, chave na súa vitoria electoral, de reformar a lei que permite a Xustiza condenar con entre 3 e 15 anos de prisión calquera crítica ao rei Maha Vajiralongkorn, e que a maxistratura definiu como unha “ameaza para a monarquía constitucional” e até asegurou que as accións da forza progresista socavaron o “réxime democrático” e incitaron “ao odio cara á monarquía”.

Ademais, a dirección da formación, incluído Pita e o actual líder, Chaithawat Tulathon, foi inhabilitada para ocupar cargos políticos nos próximos 10 anos.

Comentarios