NON DES A ESQUECEMENTO

O día que Democracia se chamou Lucrecia

O blog Non des a esquecemento afonda na historia de José Casal, Casilda Rosendo e a pequena Democracia que aos catro anos pasou a ser Lucrecia. 

Este artigo conta a historia de José Casal, carpinteiro de ribeira de Vilaboa (Pontevedra), que foi perseguido e encarcerado no Lazareto de San Simón e no Forte de San Cristóbal durante catro anos. E tamén o sufrimento de Casilda Rosendo, muller de José, que foi rapada e gardou o cabelo como símbolo da aldraxe. E a historia dunha nena que naceu en 1932 co nome de Democracia e á que no ano 1936 lle foi imposto o bautismo e o nome de Lucrecia, todo un símbolo do tempo clausurado. Vidas tronzadas pola barbarie fascista que renacen grazas ao Diario escrito por José Casal, un relato preciso e valente a asociación A Regaduxa. Memoria histórica de Vilaboa ten intención de publicar proximamente. Pódese ler o artigo completo no blog Non des a esquecemento. 

Comentarios