FAO advirte dos perigos da desnutrición no mundo

Unha de cada sete persoas ten desnutrición no planeta, advertiu a Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO).
Alimentación
photo_camera Alimentación

O organismo internacional presentou o que será o seu relatorio na Cúpula do Rio prevista este mes e no que denuncian que centenas de millóns de persoas pasan fame porque carecen dos meios para producir ou adquirir os alimentos necesarios con vistas a unha vida sa e produtiva.

O Diretor Geral da FAO, José Graziano da Silva, indicou que o encontro do Brasil oferece "uma oportunidade inestimável para estudar a convergência entre os programas da segurança alimentar e a sustentabilidade". O estudo da entidade asegurou que resulta indispensábel mellorar os sistemas agrícolas e alimentarios para que o mundo teña unha populación máis saudábel e ecosistemas máis sas.

A FAO estimou que as perdas e o desperdício de alimentos ascende a 1 billón 300 millóns de toneladas ao ano

Baixo o título de "Para o futuro que queremos: pôr fim à fome e fazer a transição para sistemas agrícolas e alimentares sustentáveis", o relatorio instou aos governos a estabelecer e protexer os direitos aos recursos, especialmente para os pobres.

Asi mesmo, chamou a incorporar incentivos para o consumo e a produción sustentábeis, promover mercados agrícolas e de alimentos xustos, reducir os riscos e investir recursos públicos en bens públicos esenciais, especialmente inovación e infraestrutura.

A FAO estimou que as perdas e o desperdício de alimentos ascende a 1 billón 300 millóns de toneladas ao ano, equivalentes a unha terceira parte da produción mundial para consumo humano. Por iso a importancia de pasar a "regimes alimentares nutritivos que tenham uma impressão ecológica menor, e reduzir as perdas ao longo de toda a rede alimentar", acrescentou o organismo.

Pola parte da produción, é necesario enfrentar o esgotamento dos solos, a auga e os nutrientes, as emisións de gases de efeito estufa, a contaminación e a degradación dos ecosistemas naturais, asinalou o relatório. Os objetivos e temas da Conferencia Rio+20, fixados por unha resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, apontan a fortalecer o compromiso co desenvolvemento sustentábel.

Máis en Mundo
Comentarios