Mensaxe do PP @s desempregad@s: ''¡Que se jodan!''

A deputada do PP Andrea Fabra, secretaria executiva de Política Social en Valencia, pronunciou esas palabras despois de que o presidente do Goberno español anunciase os recortes que afectan á prestación por desemprego. Publicamos o video

Se os aplausos nas bancadas do PP despois de que o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, espertaran o malestar da cidadanía, as palabras da deputada Andrea Fabra sentaron aínda peor. As redes sociais non dan feito a compartir e comentar o video no cal a secretaria executiva de Política Social da formación conservadora en Valencia berra "¡Que se jodan!" após anunciar o titular do Executivo central o recorte na prestación ás persoas desempregadas, que pasarán a cobrar o 50% do soldo base a partir do sexto mes no paro, fronte ao 60% que percibían até o de agora. Eis aquí o video

Máis en Mundo
Comentarios