O goberno español aplicará reformas nas administracións locais

A vicepresidenta do goberno español anunciou que se reducirán o número de concelleir@s e se suprimirán órganos administrativos intermedios.   

Nunhas declaracións pronunciadas ao abeiro da Fundación FAES, a vicepresidenta do goberno español, Soraya Saénz de Santamaría, anunciou reformas na Lei de Bases do Réxime Local na que se incluirá unha redefinición da estrutura administrativa e do exercicio das súas competencias.

Asemade, lembrou que o goberno español reducirá o número de concelleir@s e estabelecerá novos barémos sobre os que fixar os soldos d@s alcaldes. A vicepresidenta, apelou máis unha vez á austeridade e instou aos gobernos autonómicos a contraer os seus investimentos en aras dun maior aforro. Neste senso, @s presidentas e presidentes autonómic@s, rexeitaron adoptar novos recortes -malia que o goberno central insiste en aprobar novas medidas de axuste, que previsibelmente serán anunciadas a vindeira semana. 

Ao remate da súa intervención no acto organizado pola fundación, da que tamén é membro José María Aznar, Saénz de Santamaría negouse a facer declaracións a respecto da imputación de Rodrigo Rato e Ángel Acebes no caso Bankia.  

Máis en Mundo
Comentarios