Audiencia Nacional mantén bloqueo das contas de Causa Galiza

A organización, que recuperou a condición de ‘legal’ vai para dous meses, non pode acceder os seus recursos económicos.

Causa Galiza Operacion Jaro Natalia Porca
photo_camera Imaxe: Natalia Porca

Causa Galiza recuperou a condición de ‘legalidade’ vai para dous meses, unha vez que Audiencia Nacional revogou a suspensión de actividades da organización independentista. A decisión do tribunal implicaba que CG  recuperaba todas as funcións anteriores. Porén, non poden acceder ás súas contas ao non dar Audiencia Nacional orde de desbloquear as mesas. Así o afirman desde Causa Galiza, que acumula 16 meses sen poder facer uso dos seus fondos

Após um tempo de espera “mais do que prudencial” Causa Galiza informa do inicio de accións legais perante o tribunal español para restabelecer o aceso normalizado ás contas.

Comentarios