O Bloque pedirá no Congreso de Madrid a recuperación pública da AP-9

A deputada Rosana Pérez solicitará que se lle quite a concesión a Audasa polos seus excesos e mal servizo e se ceda a xestión á Xunta.

AP-9
photo_camera AP-9

Rosana Pérez, deputada do BNG no Congreso de Madrid, avanzou que pedirá, no pleno do Congreso do próximo mércores, á ministra de Fomento, Ana Pastor, que suspenda a concesión a Audasa da AP-9 e traspase a súa xestión á Xunta de Galiza.

Rosana Pérez considera que ante os "múltiples e reiterados problemas" que "milleiros de condutores" padeceron este verán nesta vía debido á "pésima xestión por parte da empresa concesionaria", o departamento de Fomento "debería adoptar medidas como a suspensión da concesión" a esta empresa.

Peaxes

Así mesmo, a deputada nacionalista demandará a Ana Pastor o traspaso da xestión ao Goberno galego co propósito de "convertela nunha vía libre de peaxe". Para iso, Rosana Pérez denunciará á ministra o "pésimo servizo da AP-9 durante todo o verán", con "ringleiras quilométricas ante as cabinas de pago sen que Audasa procedese a levantar as barreiras en ningún momento" e sen recibir “ningunha sanción”.

Comentarios