BNG e CIG coinciden na necesidade de avanzar nun marco galego de relacións laborais

O Bloque trasladou o seu apoio ao calendario de mobilziacións previsto para a CIG para estes meses e nos que non se descarta unha greve xeral.

REUNION BNG CIG

Representantes das direccións do BNG e da CIG mantiveron un encontro no que falaron de cuestións como os efectos das reformas laborais ou a situación do sistema público de pensións, Desde o Bloque anunciou a levar ao parlamento o debate do futuro do sistema público de pensións, solicitando a creación dunha comisión para analizar e garantir o seu futuro en Galiza. “Temos claro que é un sistema viable e que son decisións políticas as que pretenden desmantelar o actual modelo para privatizalo”, afirmou a portavoz nacional, Ana Pontón.

Pontón anunciou unha batería de iniciativas “para impulsar un cambio a favor da maioría social, que inclúe a derrogación da reforma laboral ao igual que todos os recortes en materia de dereitos dos e das traballadoras, e para avanzar nun marco galego de relacións laborais”. A portavoz nacional avanzou o apoio do BNG ao calendario de mobilizacións previsto pola CIG, -que mesmo baralla unha greve xeral-, e que ten unha das súas citas na manifestación nacional para o 28 de xaneiro en Santiago.

Comentarios