BNG, En Marea e PSdeG coinciden en que a conferencia de presidentes autonómicos foi “decepcionante”

Ana Pontón avoga por unha unha negociación bilateral Galiza-Estado e Luis Villares sostén que o “status quo oficial” non é abondo para o país. 

conferencia presidentes autonómicos xunta feijóo rajoy soraya

O resultado da conferencia de presidentes autonómicas decepciona BNG e En Marea, que critican o papel desenvolvido por Núñez Feijóo en tanto representante de Galiza. “Non se concretou nada relevante”, salientou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen describiu o encontro como “gran escenificación dun acordo PP-PSOE para que nada cambie, e afondar nun modelo de recentralización en ámbitos como a sanidade, a educación ou a fiscalidade, que en ningún caso vai ser positivo para Galiza”.

A cita, sostén a nacionalista, evidencia “a falta de peso político de Feijóo” e a súa “incapacidade para defender” o país. A cita de presidentes amosou, engadi, a necesidade que Galiza teña unha relación bilateral co Estado.

De por parte, Luis Villares, afirmou que Feijóo asistiu a esa conferencia sen que o resto de formacións políticas en Galiza soubese que postura e posicionamento ía defender. Finalizado o encontro, mantén, “non sabemos nin sequera se o goberno galego cumpriu coas súas expectativas”.

Nesta liña, o portavoz parlamentar de En Marea considera que se deu unha “fraude para Galiza” e que de se quere manter o “estatus quo oficial” iso é algo “insuficiente e inxusto” para o noso país. 

O portavoz do grupo do PSdeG no parlamento galego, Xaquín Fernández Leiceaga,tamén manifestlou a súa decepción polos “resultados limitados” da Conferencia. Resumiu que “non sabemos por qué saca peito Feijóo”, xa que, dixo, “Pariron os montes e naceron comisións de estudo e estratexias a un ano vista pero apenas ningún resultado”.

Comentarios