Vence subliña que o BNG muda por vez primeira de nome para ir a unhas eleccións

O portavoz nacional Xavier Vence afirma que o obxectivo de BNG-Asembleas Abertas é “abrir as candidaturas á participación desa cidadanía que quere mudar as cousas”.

VENCE ROLDA PRENSA 9 XUÑO 2014

É a primeira vez desde a súa constitución en 1982 que o BNG vai concorrer a unhas eleccións cunha denominación distinta á das simples siglas da fronte nacionalista. Así o manifestou o portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, que situou este cambio “sen precedentes” na aposta convencida por “sumar” para derrotar o PP. Mais non se trata só de botar o Partido Popular, senón de poñer os alicerces “para construír un país con futuro desde abaixo, desde os municipios porque son a administración máis próxima”.

Vence avanzou unha renovación “moi substantiva” nas listas en particular, dixo, “pola vía de incorporar a esas persoas non militantes que se achegana participar nas asembleas abertas"

Vence sostivo que as candidaturas “ábrense á participación desa cidadanía que quere mudar as cousas, sexa ou non sexa nacionalista. Por iso o BNG se presenta ás eleccións como BNG-Asembleas Abertas para simbolizar a incorporación de toda esa cidadanía activa e rebelde que quere participar ao lado dun proxecto nacionalista e construír un país con futuro desde concellos participativos, plenamente democráticos e de xestión honesta ao servizo da maioría social”.

Un proceso en marcha

En setembro iniciouse o calendario do proceso de asembleas abertas, que agora entrará nunha segunda fase configurada en base a grupos de traballo para elaborar programa e a candidatura de cada concello. Vence avanzou unha renovación “moi substantiva” nas listas en particular dixo, “pola vía de incorporar a esas persoas non militantes que se achegan a participar nas asembleas abertas”.

O Consello Nacional do BNG fixou o 29 de novembro como a data na que prevé aprobar o primeiro tramo da candidatura nas grandes cidades e vilas do país, tras recibir as propostas das asembleas abertas.

Comentarios