Á quinta vai a vencida? Cronograma para entender por que se volve debater no Congreso a transferencia da AP-9 a Galiza

En representación do Parlamento galego acode a Madrid unha delegación parlamentaria para participar no debate, que comezará ás 15 horas, conformada polos portavoces de PP da Galiza no Parlamento galego, Alberto Pazos Couñago; a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o portavoz e secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

Autoestrada do Atlántico (AP-9). (Foto: Europa Press)
photo_camera Autoestrada do Atlántico (AP-9). (Foto: Europa Press)

O pleno do Congreso desta terza feira, 11 de xuño, tratará a toma en consideración da proposición de lei do Parlamento galego para a transferencia do Estado a Galiza da autoestrada AP-9 no que será o quinto intento lexislativo de conseguir o traspaso.

Por parte do Parlamento galego acode a Madrid unha delegación parlamentaria para participar no debate, que comezará ás 15 horas, conformada polos portavoces de PP da Galiza no Parlamento galego, Alberto Pazos Couñago; a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o portavoz e secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

A seguir, as datas máis relevantes ao longo destes 51 anos para entender como unha vía de tanta importancia para a Galiza segue xestionada desde Madrid e camiño de sumar 4.000 millóns de euros en peaxes  desde a posta en marcha da autoestrada.

Maio 1973

Fíxase en 39 anos a duración da concesión da autoestrada

Setembro 1977

Prórroga do Goberno español da UCD. A finalización da concesión, en agosto de 2012, pasa ser en novembro de 2013

Agosto 1994

Prórroga do Goberno español do PSOE. A concesión, que caducaba en 2013, prorrógase 10 anos, até agosto de 2023

Febreiro 2000

Prórroga do Goberno español do PP. Estende a concesión até 2048

Maio 2003

Goberno español do PP privatiza a AP-9 no marco da venda da sociedade estatal ENA ao grupo Sacyr

Marzo 2016

O Parlamento galego aproba por unanimidade remitir ao Congreso a petición do traspaso da AP-9 a Galiza

Decembro de 2016

A mesa do Congreso, con maioría do PP e Ana Pastor na presidencia do organismo, veta que se debata no Congreso a proposta remitida polo Parlamento galego

Marzo de 2017

A Cámara galega aproba de novo por unanimidade unha nova petición de traspaso da AP-9 a Galiza após introducir modificacións no texto.

Xuño de 2017

A mesa do Congreso volve vetar o debate na Cámara española da proposta remitida coas modificacións.

Maio de 2017

Novamente, o Parlamento galego aproba outra proposta, tamén por unanimidade, para pedir a transferencia da infratestrutura a Galiza.

Setembro 2017

A mesa do Congreso veta, por terceira vez, o debate da transferencia solicitada desde o Parlamento da Galiza. A Presidencia do organo tena Ana Pastor e a maioría absoluta deste órgano compóñena a suma PP-Ciudadanos.

Outubro 2018

O Parlamento da Galiza aproba por unanimidade pedir a taransferencia a Galiza desta autoestrada.

Febreiro 2021

O Congreso toma en consideración - coa única oposición de Vox- a transferencia da AP-9. Unha delegación do Parlamento galego defendeu na Cámara española a proposta do Lexislativo galego.

Maio 2023

Decae a petición de transferencia ao se adiantar a convocatoria das eleccións estatais, que se fixaron para 23 de xuño. Esta “caducidade” obriga a iniciar todo o proceso.

Decembro 2023

O Parlamento galego aproba por unanimidade e por cuarta vez pedir no Congreso a trasferencia da AP-9.

Xuño 2024

O pleno do Congreso desta terza feira, 11 de xuño, tratará a toma en consideración da proposición de lei do Parlamento galego para a transferencia do Estado a Galiza da autoestrada AP-9 no que será o cuarto intento lexislativo de conseguir o traspaso.

Comentarios