Un dirixente provincial do PP en Lugo e 3 afiliados, imputados polo ‘carrexo’ de maiores con demencia

A xuíza acúsaos de delito electoral. Un deles, Iravedra, é ex-tesoureiro do PPdeG e conselleiro na CRTVG.

José Luis Iravedra, conselleiro do PPdeG na CRTVG, ex-tesoureiro do partido conservador e dirixente provincial do mesmo en Lugo, así como tres afiliados do PP, están imputados por carrexar anciáns con demencia nas eleccións autonómicas de outubro de 2012.

O auto da xuíza parte da denuncia presentada por Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), así como da “documentación gráfica” publicada en varios medios e a declaración de testemuñas presenciais: anciáns do asilo de San Roque que foron levados a votar coa papeleta na man malia que esas persoas “carecían de capacidade para comprender e decidir o sentido do voto”.

Comentarios